CRTVG

Buscar

Aviso amarelo na costa da Coruña

Publicado o 13/02/2018 14:06

 

Outro aviso máis: no mar, de nivel amarelo, por ondas de catro metros en todo o litoral galego .Na costa coruñesa a frota de baixura só traballou esta mañá nas rías e nalgunha outra zona resgardada.

É como estaba o ambiente pola mañá en Corrubedo; con refachos de vento e ondas fortes. Meteogalicia ten activado o aviso amarelo por mar axitado do noroeste con ondas de catro metros ata mañá ás seis da tarde en parte do litoral coruñés.

Con este panorama invernal e á marxe de que hai moito festivo local, a pesca do día ten un desenvolvemento irregular. En Fisterra, por exemplo, só saíu un barco. En Muros, tamén quedou amarrada a maioría da frota de baixura.

Entre os que traballaron, iso afrontando os atrancos atmosféricos, están os que andan ao ourizo en Aguiño.

Din estes mariscadores que esta é a primeira xornada de mal tempo nesta campaña e confían en que non se complique máis, porque tamén teñen prevista faena para os próximos días.

Porque o boletín meteorolóxico sinala como aviso laranxa para este xoves o período que vai desde as 12 do mediodía ás doce da noite, por mar de fondo do noroeste con ondas de 5 a 6 metros en todo o litoral galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018