CRTVG

Buscar

Aviso amarelo na cunca ourensá do Miño por temperaturas que rozan os 35 graos

Publicado o 12/08/2021 15:36

Arranca o día en Ourense coas fiestras abertas para aproveitar o fresco da mañá, pero pronto comeza a quentar.

Tras varias xornadas cos termómetro por riba dos 30 graos ese é o mellor refuxio. Onte ao carón Miño en Ourense superaronse os 36 e hoxe a calor volve apretar. E os termómetros seguirán a subir nos próximos días, ata acadar os 40 graos de cara á fin de semana.

Unha alternativa: permanecer na casa ao carón dun ventilador. As vendas medraron estes días.

Foi o 17 de xullo cando Ourense acadou a temperatura máxima deste ano por enriba dos 40 graos. Unha marca que se poderá superar nos próximos días tras varias xornadas de calor. Iso si, as noites seguirán a darnos un alivio cos termómetros por debaixo dos 20 graos.

Noticias web

12/08/2021