CRTVG

Buscar

Aviso amarelo en toda Galicia por chuvia e vento tras 26 días de precipitacións

Publicado o 22/11/2019 21:00

As catro provincias sofren, de xeito moi similar, os efectos da borrasca Cecilia que chegou en forma de chuvia e vento. A costa é a mais afectada pero en localidades do interior recolleronse entre 60 e 70 litros de auga por metro cadrado. Na zona oeste, son xa 26 dias sen deixar de chover.

Ventos de ata 134 km por hora obrigan a manter o aviso amarelo en todo o interior galego. A borrasca manterá esta situación durante as próximas horas. Despois virán outras. Segundo Juan Taboada, de Meteogalicia, o domingo entra outra borrasca, e outras mais durante a semana polo que "ata finais de mes non vai cambiar a situación", precisa Juan.
Protección civil recomenda extremar as precaucións a hora de conducir , e evitar circular por zonas con perigo de desprendementos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019