CRTVG

Buscar

Avión, segundo concello con maior incidencia, pasa esta medianoite ao nivel alto de restricións

Publicado o 23/07/2021 14:53

A evolución da pandemia durante os últimos 14 días sitúa o concello ourensán de Avión como o segundo con maior taxa de incidencia acumulada, con 1.670 casos por cen mil habitantes.

Desde as cero horas deste sábado, os establecementos hostaleiros funcionarán coa metade da cabida tanto en interior como nas terrazas."Era unha situación que se viña vir porque obviamente chegou moita xente de fóra e mocidade que facía dous anos que non viñan, ao haber máis liberdade aproveita".

"Vese pouca (xente), andan poucos, están todos dentro (das casas), estanse coidando. E moitos xa regresamos e non queres que agora che pase algo.  "Para acceder ao interior dos locais será necesario presentar o certificado de vacinación completa ou unha proba diagnóstica negativa realizada dentro das 72 horas anteriores.  

Por iso a farmacia era esta mañá o destino preferente dos veciños de Avión. "O certificado da vacinación, porque se imos a algún restaurante ou algún sitio non deixan entrar, e déunolo aí agora".

"Polo xeral, os clientes, a maioría de aquí, son persoas maiores e obviamente xa están todos vacinados, e coñecémonos uns a outros. Asumo eu que non haberá ningún problema por iso. "Os grupos non poderán ser maiores de dez persoas en exterior e de seis no interior, ou un máximo de dous grupos de non conviventes.

Desde a unha da mañá, hora de peche da hostalería, e ata as seis non se permiten reunións de non conviventes, tanto no ámbito público como privado.

Noticias web

23/07/2021