CRTVG

Buscar

As Forzas Armadas chilenas declaran sinistrado o avión desaparecido na Antártida

Publicado o 10/12/2019 10:39

O avión engalou o luns pola tarde de Punta Arenas, no sur de Chile. A bordo ían 35 militares, 2 enxeñeiros e un profesor universitario. Ían facer labores de mantemento na base antártica Eduardo Frei. Despois de hora e media no aire e a medio camiño entre os dous continentes, perdeuse contacto.

Eduardo Mosqueira, xeneral da Forza Aérea de Chile, dixo que "a Forza Aérea de Chile informa de que o avión C-130 Hércules, transcorridas máis 7 horas desde que se perdera o contacto radial, foi declarado como sinistrado".

As autoridades chilenas buscan por mar e aire algunha das 4 lanchas de salvamento que levaba o avión coa esperanza de que haxa superviventes. Danse 10 días para atopalos.
 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2019