Avanzan as obras do novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar
Publicado o 14/05/2019 17:46
O novo centro de saúde do Pereiro de Aguiar estará en funcinamento en menos dun ano. O prazo de execución fixouse no seu día en 16 meses e as obras botaron a andar xa o pasado mes de xaneiro.
Este novo centro de saúde responde á demanda dos veciños do Pereiro de Aguiar, que levaban moito tempo reclamando un novo inmoble ao considerar obsoleto o construído en 1985.
A nova infraestrutura conta cun orzamento de case un millón de euros, contará con catro consultas médicas e tres de enfermería e albergará unha superficie quince veces maior que o anterior.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52