CRTVG

Buscar

A Xunta di que a autovía Nadela-Sarria estará rematada en outubro do próximo ano

Publicado o 06/07/2021 14:56

As obras da primeira fase da autovía Nadela-Sarria avanzan a bo ritmo. Os traballos de desdobramento do corredor nesta fase empezaron en novembro pasado. Son once quilometros e medio, que van da Pobra de San Xiao ao enlace Sarria-centro. Polo ritmo que levan as obras, é de esperar que a autovía abra ao tráfico no outono do ano que ven, como está previsto. "Está o 100% da roza realizado, o desprazamento de terras ao 50% e catro dos seis pasos inferiores prácticamente rematados", confirma Ethel  Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

A Xunta conta licitar as obras do seguinte treito ata Nadela este mesmo ano. A conselleira de Infraestruturas confirmou tamén nesta visita o inicio da primeira fase das obras da estrada de Palas a Friol neste mes de xullo e cuestionou que non se poidan empregar os fondos europeos en proxectos coma estes que na sua opinión son estratéxicos para a vertebración de grandes áreas rurais. "Porque vemos como os fondos Next Generation do Goberno de España desatenden ao rural e se destinan únicamente aos concellos de máis de 50.000 habitantes no caso de Galicia", remarca Ethel Vázquez. 

Noticias web

06/07/2021