CRTVG

Buscar

Avanza o acondicionamento dos hospitais de campaña

Publicado o 03/04/2020 15:03

Son días de actividade frenética arredor do recinto de Expocoruña para ter todo a punto no momento en que poida ser necesario botar man de máis camas de hospitalización. O reto é grande porque está sendo necesario adaptar todas as infraestruturas de fontanería, electricidade e recollida de residuos ao que debe ser un recinto hospitalario. Aínda así, os responsables da área sanitaria da Coruña, contan con que o luns estea xa moi avanzado e que a mediados de semana estea en condicións de ocupar as primeiras camas, se fose necesario.

Este recinto poderá acoller ata 300 pacientes, os casos máis leves do coronavirus, que serán atendidos polo profesionais que quedaron liberados ao reducírse a actividade asistencial non urxente. O Sergas prevé contar con 150 camas máis na área sanitaria de Santiago que se van instalar no Multiusos do Sar.

Serán en total 450 camas que servirían para desconxesionar os centros de referencia se a demanda asistencial o requirise. Nestes momentos, malia o repunte nas cifras de ingresos, aínda hai marxe para seguir acollendo pacientes nos hospitais e nas unidades de coidados intensivos da nosa comunidade.

 

Noticias web

03/04/2020