CRTVG

Buscar

Avanza a rexeneración dos montes de Vigo que arderon na vaga de incendios do 2017

Publicado o 24/02/2020 15:09

Son imaxes dos incendios do outono de 2017 que danaron miles de hectáreas dos montes de Vigo. Hoxe a imaxe é ben distinta. Os traballos avanzan dentro do plan de rexeneración que desenvolve a Consellería do Medio Rural nas zonas afectadas.

O obxectivo destas actucións é protexer os montes, as vivendas e conxugalo cun uso social e co aproveitamento forestal.

Os de Zamáns e Comesaña están practicamente reforestados e están en fase de adxudicación os montes veciñais de Coruxo e Valadares. O investimento total da consellería nos montes de Vigo afectados ascende a un coma catro millóns de euros.


 

Noticias web

24/02/2020