CRTVG

Buscar

Avances no estudo sobre os determinantes xenéticos da covid-19

Publicado o 03/08/2020 15:17

É un proxecto ambicioso que involucra arredor de 100 centros de investigación e hospitais de moitos países. Xa levan recollida a metade das mostras de ADN de 25.000 pacientes. O fin é identificar os determinantes xenéticos individuais que condicionan a gravidade da covid-19. Os avances nestes estudos son fundamentais.

Ángel Carracedo, responsable do Grupo de Medicina Xenómica da USC: "Os resultados poden ser importantes para previr riscos e para entender os problemas porque é o xeito de abordalos e tratalos. Non entendemos por que a uns lles pasa unha cousa e a outros outra. Non o entendemos. Ten que ver o virus, a carga viral e tamén a xenética individual".

Carracedo cre que a futura vacina ou vacinas contra a covid-19 son a grande esperanza. E, neste sentido, móstrase optimista.

Ángel Carracedo, responsable do Grupo de Medicina Xenómica da USC: "Teño moitas esperanzas. Penso que para fin de ano igual están feitos todos os estudos e para primavera poidamos ter en produción e haxa moitas doses dispoñibles. Espero".

Agarda que axiña todas estas investigacións permitan loitar con éxito contra o virus.

Noticias web

03/08/2020