Avances esperanzadores na vacina que prepara a Universidade de Oxford
Publicado o 02/07/2020 15:21

A Universidade de Oxford confirmou que a vacina en que traballan estaba dando unha resposta inmune correcta contra o coronavirus.
Oxford ensaia a fase final da súa vacina con oito mil voluntarios do Reino Unido, O Brasil e Suráfrica.
De momento, non se concretaron datas sobre cando podería estar lista porque depende dos resultados finais, pero os máis optimistas falan de outubro ou novembro deste ano.