Avances contra á martelia, o parasito que arrasou o berberecho no sur de Galicia
A martelia, un parasito mariño, acabou coa produción de berberecho nas rías de Arousa, Vigo e Pontevedra no ano 2012. Pero a súa recuperación pode estar cada día máis preto grazas á selección de variantes resistentes. Esta foi unha das conclusións máis relevantes dun gran proxecto de investigación a nivel europeo sobre o berberecho coordinado polo Centro de Investigacións Mariñas de Vigo.
Máis de 20 organizacións científicas de cinco países europeos estudaron durante tres anos todo o relativo a produción de berberecho no litoral atlántico no proxecto Cockles. Agora acaban de presentar as conclusións no marco dunha conferencia internacional en liña, coordinada desde o Centro Tecnolóxico do Mar de Vigo.
"O qué importante é que xerou unha base de información e coñecemento", di Rosa Fernández, investigadora do CETMAR e coordinadora de Cockles.
O proxecto deulle un grande impulso a investigación que se está facendo en Galicia, para dar cunha estirpe resistente á marteilia, o parasito que estragou a produción de berberecho nas rías de Arousa, Vigo e Pontevedra desde 2012.
"Os primeiros resultados amosan que os berberechos resistentes de Arousa están a sobrevivir moito máis ca os berberechos de Noia".
Cockles fixo ademáis divulgación do valor da especie con vídeos como 'A xoia oculta do Atlántico' que presenta o berberecho como un recurso emblemático con gran repercusión na economía, o medio ambiente ou a gastronomía.