CRTVG

Buscar

Os veciños desaloxados por precaución xa regresaron aos seus fogares en Mondariz

Publicado o 08/10/2018 00:07

• As brigadas agardan unha noite dura, pero esperan telo controlado

• O lume comezou en tres focos diferentes

O lume segue sen control. Está decretada a situación dúas de risco para a poboación pola súa proximidade ás casas. De feito, hai veciños que foron desaloxados das súas vivendas, por prevención, para evitar a inhalación de fume. As parroquias afectadas polo lume son as de Sabaxáns e Gargamala, e, en concreto, o lugar de Barro e de Barral. Xa son 120 as hectáreas queimadas, segundo as últimas estimacións de Medio Rural.

O lume en Mondariz xa queimou 120 hectáreas e, ao parecer, comezou en tres focos diferentes a iso das seis e cuarto da tarde.

Protección Civil comunicoulles aos veciños que xa poden regresar ás casas. Manterase o nivel de alerta por precaución. A situación é favorable para ter o incendio baixo control durante a noite.

O traballo de control do lume está máis avanzado na cabeza do lume. Trabállase intensamente para poder controlar os flancos. O vento segue calmo nestes intres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018