CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para Noelia de Mingo tras apuñalar dúas mulleres

Publicado o 21/09/2021 17:35
EFE

O xulgado de Instrución número 2 de Alcobendas ordenou prisión provisional comunicada e sen fianza para Noelia de Mingo por un presunto delito de homicidio en grao de tentativa e outro de atentado a axente da autoridade, tras apuñalar onte dúas mulleres na localidade madrileña do Molar.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, por orde da titular do xulgado, en funcións de garda, De Mingo ingresará na Unidade de Psiquiatría do cárcere de mulleres de Alcalá Meco, por se procede o seu traslado ao centro penal-psiquiátrico de Foncalent (Alacante).

Noelia de Mingo, que foi condenada a 25 anos de reclusión en centro psiquiátrico polo asasinato de tres persoas na Fundación Jiménez Díaz en 2003, acolleuse ao seu dereito a non declarar na vista celebrada hoxe no Hospital Infanta Sofía, onde se mostrou "orientada e apesarada". 

Noticias web

21/09/2021