CRTVG

Buscar

Continúa a busca de varias persoas desaparecidas tras un alude nos Alpes suízos

Publicado o 27/12/2019 09:04

Unha avalancha nos Alpes suízos arrasou unha estación de esquí e deixou atrapadas varias persoas.
Seis dos que quedaron soterrados baixo a neve puideron ser liberados, e dous deles precisaron hospitalización.

Polo de agora, descoñécese cantos esquiadores máis poden quedar aínda sepultados. Os equipos de rescate seguen traballando na pista afectada, xa que se sabe que había outras persoas na zona cando se produciu o alude.

Noticias web

27/12/2019