CRTVG

Buscar

Avalancha de turistas no Vicedo para realizar a senda peonil do Fuciño do Porco

Publicado o 04/04/2021 21:58

A primeira hora da tarde aínda non había tantos coches no aparcadoiro que dá acceso ao Fuciño do Porco, no Vicedo, un sendeiro peonil asentado sobre unha vía de servizo creada hai décadas para o uso dos técnicos de mantemento de sinais marítimas.

Trátase dunha ruta moi atractiva para os turistas dende que se reforzou a súa seguridade hai cinco anos coa colocación de varandas nos laterais.

Este miradoiro sobre o Cantábrico atrae numerosos turistas, polo que este verán pasado para poder visitalo, a causa da pandemia, houbo que pedir cita por Internet e só podían entrar 25 persoas cada 45 minutos, pero estes días ninguén supervisou o acceso á ruta, malia que a Garda Civil estivo xestionando o tráfico, controlando e sancionando os excesos que presenciou.

Ángel leva cinco anos aquí vendendo comida e bebida. No tempo que estivemos non deixa de pasar xente.

O alcalde do Vicedo, Xesús Novo, confirmounos que, en función do avance da pandemia, para este verán limitarase novamente o acceso ao lugar para evitar avalanchas de xente como houbo esta Semana Santa.

Noticias web

04/04/2021