CRTVG

Buscar

Avalancha de solidariedade coa muller a quen lle roubaron a moto adaptada

Publicado o 01/12/2020 14:17

Iso foi o que lle pasou a Ana cando foi visitar o seu irmán, que sufriu un ictus como o que tivo ela mesma hai cinco anos. Dende o primeiro momento, Ana quedou abraiada coa solidariedade da xente. As antigas compañeiras de Ana, que era auxiliar na residencia asistida do Meixoeiro, organizaron unha colecta para recadar fondos e mercar unha moto nova. A axuda tamén chegou dende Gondomar dunha familia solidaria que non o pensou dúas veces.

A solución definitiva chega da man dunha empresa pesqueira de Vigo que non quere revelar o seu nome e vai mercarlle o vehículo que precisa. Esta vaga de solidariedade ten desbordada e emocionada a Ana e mesmo cambiou a súa forma de pensar. A ela, que sempre confiou máis nos animais ca nos humanos.

Noticias web

01/12/2020