CRTVG

Buscar

Auxe no Grao en Matemáticas: 100% de emprego e unha chea de saídas laborais

Publicado o 04/06/2019 21:33

O Big Data, a alta divulgación e a capacidade dos seus profesionais para resolver problemas fan que as matemáticas vivan o seu máximo explendor. Cando faltan poucos días para as probas da ABAU, non por casualidade, o Grao en Matemáticas é o elixido por moitos estudantes. E é que a titulación de Matemáticas ten unha empregabilidade de case o 100%.

As temidas matemáticas, as que nos facían suar á hora de despexar un x ou dividir entre fraccións. As das ecuacións interminables. As mesmas que hoxe ofrecen unha morea de saídas profesionais e que viven un auxe sen precedentes.

En positivo porque, amais disto e do case 100% de empregabilidade, o venres vaise presentar en Compostela un estudo das tres universidades galegas que vén demostrar o impacto tamén positivo das matemáticas no ámbito socioeconómico.

A poderosa ferramenta que conceden os estudos de matemáticas non é allea aos alumnos.

E para tirar abaixo prexuízos, un dato matemático máis: só na USC rematan o grao un 55% de mulleres. De mulleres foron tamén os mellores expedientes dos últimos tres anos. M de Matemáticas pero M tamén de muller.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019