CRTVG

Buscar

Autotests de antíxenos e máscaras, máis baratos en Portugal

Publicado o 12/08/2021 14:33

En farmacias de Valença do Minho ou de Vilanova de Cerveira teñen máis clientela galega ca nunca.

A pesar de que en España e en Portugal máscaras e autotests non teñen IVE e o prezo se acorda entre fabricantes e comercializadores, mercar estes produtos no país veciño supón un aforro considerable.

Hai diferenzas no prezo dos autotests entre os países da Unión Europea. En Francia están regulados e custan 6 euros, en Italia e Alemaña son libres e, como en Portugal, ademais de nas farmacias tamén se venden nos supermercados.

Noticias web

12/08/2021