CRTVG

Buscar

Autorízanse as rebaixas dende hoxe

Publicado o 18/05/2020 15:50

Novo cambio de parecer do Goberno, desta vez á conta das rebaixas. Despois de tres rectificacións e o desencontro público entre o Ministerio de Sanidade e o de Comercio, o Executivo publica unha cuarta orde na que si se autorizan as rebaixas en tendas físicas dende hoxe, luns.

A maioría das grandes cadeas ofrecen descontos e os pequenos comercios comezan tamén a aplicalos.

Despois de dous meses de parón, o importante é darlle saída ao produto.

Na rúa segue primando a cautela.

Goberno, sector e consumidores coinciden en que non é momento de aglomeracións, senón de manter as distancias tamén nas rebaixas.

Noticias web

18/05/2020