CRTVG

Buscar

Autorizan a apertura das criptas republicanas no Val dos Caídos

Publicado o 13/11/2019 20:07

Patrimonio Nacional autoriza a apertura das criptas do Val dos Caídos en que están sepultados os mortos do bando republicano. O organismo comezará no Nadal as obras para facilitar o acceso dos forenses ás criptas.

As familias de 31 dos falecidos xa solicitaron a recuperación dos seus restos, aínda que, de momento, só dúas teñen autorización xudicial para facelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019