Autónomos e empresas poden pedir dende o luns as axudas do terceiro plan de rescate
Publicado o 10/06/2021 14:36
O Diario Oficial de Galicia publica mañá os detalles do terceiro plan de rescate para autónomos e empresas afectados pola pandemia. E as axudas poderán pedirse dende o luns.
Son 234 millóns de euros transferidos polo Estado, que o Goberno galego acordou estender a todas as actividades económicas. O requisito é que acrediten unha caída dos ingresos de polo menos o 40 % en 2020 respecto a 2019.
O 85 por cento dos cartos son para autónomos e microempresas. A Xunta quere que cheguen rápido aos beneficiarios e por iso pon en marcha un sistema de adiantos cunha declaración responsable, que reduce os trámites.