CRTVG

Buscar

Autodeterminación, amnistía e relator, as tres esixencias dos soberanistas na mesa co Goberno

Publicado o 26/02/2020 14:43

Os soberanistas sentarán esta tarde na Moncloa partindo de dúas esixencias: "Temos unha viaxe moi importante. Hoxe o Goberno de Cataluña vai a Madrid a defender os seus principios, que son o dereito de autodeterminación e a amnistía", dixo hoxe Quim Torra.

A estes dous principios engádese unha vez máis a petición de sentar na mesa un mediador internacional. Esquerra acordara co PSOE que sería unha negociación entre os dous gobernos, o de Madrid e o de Barcelona.

Á fronte da delegación catalá estará o presidente da Generalitat, Quim Torra, malia que desde que se negociou a mesa perdeu o seu escano no Parlamento catalán ao estar inhabilitado. Pero na súa comitiva hai tamén unha concelleira e varios deputados autonómicos, entre os que destaca Josep María Jové, imputado como un dos cerebros do proceso independentista.

Do lado do Goberno central faltará hoxe o vicepresidente segundo, Pablo Iglesias, afectado por unha amigdalite.

Noticias web

26/02/2020