CRTVG

Buscar

Austria retira un lote de vacinas de AstraZeneca por precaución pola morte dunha muller

Publicado o 07/03/2021 22:38

Austria anunciou a retirada dun lote de vacinas de AstraZeneca tras a morte dunha persoa á que lla administraran.

A vítima, enfermeira, faleceu dez días despois de vacinarse debido a graves trastornos de coagulación. Outra compañeira de traballo está hospitalizada por unha embolia pulmonar.

En principio non existe relación de causa-efecto entre o sucedido e o fármaco, pero as autoridades do país abriron unha investigación para descartalo por completo. A farmacéutica ofreceu a súa colaboración.

Noticias web

07/03/2021