CRTVG

Buscar

Australia sofre a vaga de calor e incendios máis forte da última década

Publicado o 07/12/2019 11:44

Os incendios forestais son habituais no país, pero os científicos din que a tempada deste ano chegou antes e con máis intensidade debido á seca prolongada e ás condicións climáticas alimentadas polo quecemento global.
Máis de cen incendios arden no leste de Australia, onde tiveron que evacuar varias zonas pola proximidade a zonas poboadas e o risco para os habitantes. Nun deses incendios, ao norte e a unha hora de Sidney, a cidade máis grande do país, levan ardido máis de 250.000 hectáreas. A próxima semana continuarán as temperaturas altas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019