CRTVG

Buscar

Australia pecha fronteiras estatais por un brote en Melbourne

Publicado o 06/07/2020 13:45

Un brote de covid-19 en Melbourne, capital de Victoria, obrigou a pechar a fronteira coa veciña Nova Gales do Sur. Son os dous estados máis poboados de Australia.

O numero de novos contaxios, máis de 120 nas últimas 24 horas en Melbourne, mantén pechadas 30 zonas residenciais e nove bloques de vivendas públicas.

Segundo as autoridades, a orixe deste brote estaría na relaxación das medidas de restrición social nos hoteis designados para que os viaxeiros que retornan a Melbourne cumpran a corentena obrigatoria de dúas semanas.

Noticias web

06/07/2020