CRTVG

Buscar

Australia fai fronte a un novo incendio de máis de 6.000 quilómetros cadrados

Publicado o 11/01/2020 11:51

En Australia tratan de aproveitar o descenso das temperaturas no sueste do país para controlar os máis de cen incendios activos nesa zona, tras unha xornada de calor intensa e ventos fortes que fusionaron varios lumes.

De feito, tres focos xeraron un megaincendio de máis de 6.000 quilómetros cadrados. Hai temor a que aínda se una a outros e tamén a que as tormentas que se esperan xeren máis lumes cos seus lóstregos ou ocasionen inundacións.

Noticias web

11/01/2020