CRTVG

Buscar

Aumento do tráfico pesado polas vilas debido ao encarecemento da AP-9

Publicado o 30/01/2019 14:37

A circulación por estrada xeral como alternativa á autoestrada de peaxe deixa imaxes coma estas nos núcleos urbanos polos que transcorren algunas nacionais. A subida do prezo das peaxes leva a concellos coma o coruñés de Ordes, polo que pasa a nacional 550 que une A Coruña e Santiago, a soportar o incremento do paso de camións e vehículos pesados polo cento da vila.

Os propios camioneiros son os primeiros que notan este incremento do tráfico por núcleos urbanos e aseguran que é a alternativa que teñen ante a subida dos prezos das peaxes. Unha situación coa que conviven a diario os veciños do concello que, malia a incomodidade que supón o paso de tanto vehículo pesado, entenden a situación.

Aseguran que existe unha circuvalación para aliviar o tráfico polo centro que apenas se emprega. Vías alternativas que, malia que obrigan a percorrer algúns quilómetros máis, evitarían as retencións que o incremento do tráfico provoca nestes núcleos urbanos nas horas punta.

Noticias web

30/01/2019