CRTVG

Buscar

Aumento do 30% dos clientes dos negocios de compravenda de ouro pola crise do coronavirus

Publicado o 07/05/2020 21:13

A crise sanitaria da COVID-19, coa conseguinte crise económica, fai que os negocios de compravenda e ouro aumente o número de clientes. Calculan que desde uns días antes do estado de alarma ata o de agora o aumento supera o 30%.

"E agora xa, segundo as medidas, autorizaron a xente a saír, pois estámolo a notar bastante, a xente que leva moito tempo na casa e que non se pode permitir non ter efectivo", afirma un xerente de xoiería.

O ouro é un valor seguro e desde que comezou a crise provocada polo coronavirus o seu prezo subiu moito, din os xoieiros. Por iso, sinalan, a xente está a vendelo ou ben a empeñalo.

Noticias web

07/05/2020