CRTVG

Buscar

Aumentan os turistas que elixen o rural de Ourense para as súas vacacións

Publicado o 10/08/2018 15:02

Aumentan os turistas que elixen o rural de Ourense para as súas vacacións. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística as pernoitas nas casas rurais da provincia de Ourense aumentaron no primeiro semestre deste ano un 20 por cento con respecto ao mesmo período do 2017. Neste mesmo tempo, e á espera dos datos de xullo, en Galicia pola contra diminuíron lixeiramente. O que si será bo, prevén estes establecementos, é o mes de agosto. Calculan que a ocupación será do 65 por cento. A tranquilidade, a calidade do aloxamento e da cociña e o patrimonio cultural e paisaxístico é o que buscan estes turistas.

Alejandro e Sonia son de Sevilla, elixiron esta casa rural para coñecer e desfrutar Galicia dende esta aldea de Celanova.

Coma eles, 14.500 viaxeiros escolleron casas de turismo rural da provincia de Ourense no primeiro semestre do ano, aumentando nun 20 por cento as pernoitas con respecto ao 2017.

En Galicia as pernoitas baixaron lixeiramente, un 3 por cento, con respecto ao primeiro semestre do ano anterior. Agardan agora o balance de xullo e para agosto prevén unha ocupación do 65 por cento.

Cultura, natureza, gastronomía e sobre todo paz é o que atopan aquí, no noso rural que esmorece e que no verán recupera vida cos turistas.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018