CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Aumentan os turistas en Castro Caldelas tras ser incluída a vila nos destinos máis bonitos de España

Publicado o 07/08/2018 14:28

Os veciños de Castro Caldelas presumen de castelo, de vila e agora tamén do aumento de visitas. Dende que os incluíron na guía dos destinos máis bonitos de España, os turistas medraron nun 20 por cento.

Castro Caldelas bole nunha atalaia natural sobre a Ribeira Sacra. A súa zona histórica, con rúas estreitas e empedradas, invita a trasladarnos ao medievo.

O castelo do século XIV imponse no alto da vila.

Son algunhas das virtudes de Castro Caldelas que recolle dende principios deste ano a nova edición da guía 'Los pueblos más bonitos de España'.

E os veciños e veciñas encantadas co aumento de turistas.

E a quen aínda non coñeza esta vila medieval, recoméndanlle.

Castro Caldelas pode ser ademais punto de partida de rutas de sendeirismo por fragas autóctonas e de excusións polo canón do Sil e polo rico patriomonio paisaxístico e cultural da Ribeira Sacra.