Telexornal Serán FDS
Aumentan os trastornos graves de conduta
Publicado o 03/06/2018 21:26
A última análise sobre o alumnado español que publicou o Ministerio de Educación cifrou en máis de 7.000 os nenos e adolescentes que nas aulas galegas sofren trastornos graves de conduta. Os psicólogos e orientadores escolares, testemuñas do aumento das cifras na última década, din que é importante incidir no individualismo e a pouca tolerancia á frustración dos menores
A cifra de 7058 menores que teñen un trastorno grave da conduta na escola galega inclúe os diagnosticados de TDAH, o trastorno de déficit de atención e de hiperactividade. Afecta á súa aprendizaxe, ao seu rendemento académico e ao seu desenvolvemento social. Este trastorno nada ten que ver coas particularidades da adolescencia
Os departamentos de orientación e os psicólogos educativos, ao pe do problema, falan da baixa tolerancia á frustración dos fillos e do alto nivel de espectativas dos pais.
No marco normativo gaelgo o trastorno grave da conducta considérase unha necesidade educativa especial.