Aumentan os positivos na Mariña, cun gromo que xa afecta once dos quince concellos desta comarca
Publicado o 18/04/2021 14:26
O gromo da Mariña xa supera o medio cento de casos, sumando os de Barreiros, Burela, Lourenzá e Ribadeo. Espallouse con rapidez e aínda que parece que no Concello de Barreiros está contido, non hai que confiarse.
Os bares só poden traballar na terraza, pero o certo é que a vila está deserta.
A incidencia acumulada a catorce días en Barreiros, extrapolado a cen mil habitantes, é e 250 a 500 casos, polo que está en nivel alto de restricións.
Trabada, con menos de dez positivos, ten unha incidencia por enriba de 500.
En Viveiro, que hai uns meses estivo pechado pola acumulación de casos, hoxe ten unha incidencia entre 25 e 50 casos.
Entre 50 e 150 están en Foz, Ribadeo, O Vicedo e Burela.
En total son once os concellos afectados en toda A Mariña.