Aumentan os peregrinos no Camiño Portugués, aínda que o de máis sona é o Francés
É o Camiño máis transitado de todos os que pasan pola provincia de Pontevedra. Pero, ademais, o Camiño Portugués ten un crecemento constante. En cinco anos creceu máis dun 95 por cento.
Pasou dos máis de 34.700 peregrinos rexistrados en 2014 aos 67.800 do ano pasado. E a esas cifras hai que sumar os do Camiño Portugués da costa, unha variante máis recente pola que o ano pasado optaron preto de 14.000 persoas, e que no que levamos de ano rexistrou un aumento do 92 por cento.
Pero sen dúbida a ruta máis famosa do Camiño de Santiago é o Camiño Francés. O Camiño Francés ou do Norte atravesa o norte da Península ata o extremo occidental, e está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
O ano pasado selaron a compostela máis de 320.000 persoas. E só no que levamos de xuño fixeron preto de 50.000 peregrinos. A metade recoñecen ter motivacións relixiosas e culturais para calzar as botas e facer esta viaxe única.