CRTVG

Buscar

Aumentan os fogares en que vive unha soa persoa

Publicado o 07/04/2021 18:48

Máis da metade dos mozos de 25 a 29 anos viven aínda cos pais

O número de fogares en que vive unha soa persoa aumentou en case 7.000 durante o pasado ano na nosa comunidade. En total, hai máis de 290.000 galegos que non comparten vivenda con ninguén. Son a cuarta parte dos fogares de Galicia. Na súa maioría, falamos de persoas solteiras e viúvas.

O INE revela hoxe outro dato importante. En todo o Estado, o 55% dos mozos de 25 a 29 anos vive cos seus pais. E entre os 30 e os 34 anos, aínda hai un 25% que non conseguiu emanciparse. Isto fai que aumenten tamén en todas as comunidades o número de fogares en que viven 5 ou máis persoas.

Noticias web

07/04/2021