CRTVG

Buscar

Aumentan os divorcios en Galicia no primeiro trimestre do ano

Publicado o 09/06/2021 21:31

Entre xaneiro e marzo deste ano houbo máis rupturas matrimonais en Galicia, e tamén no resto de España, que no mesmo período do ano pasado. En España, 25.378 matrimonios divorciáronse ou decidiron separarse nos primeiros tres meses deste ano.

En Galicia, entre xaneiro e marzo houbo mil trescentos once divorcios, que son 52 máis dos que houbo no primeiro trimestre do ano pasado. Entre os matrimonios galegos que decidiron romper a relación, a maioría foron divorcios consensuados, que aumentaron con respecto ao ano pasado. No primeiro trimestre deste ano, non houbo solicitudes de nulidades matrimoniais en Galicia.

 

Noticias web

09/06/2021