CRTVG

Buscar

Aumentan os contaxios nas comunidades máis poboadas: Andalucía e Cataluña

Publicado o 03/10/2020 21:09

Á marxe de Madrid, a comunidade máis poboada do Estado, Andalucía, confirmaba este sábado 1.529 contaxios, 200 máis ca onte. Preocupa o número de mortos, 23, cunha singularidade: dez dos falecementos corresponden a Córdoba. En Sevilla, varios colectivos reclamaron hoxe maior contratación na sanidade e educación públicas.

Cataluña incrementa sensiblemente os contaxios, ata 1.672. Pero hai un dato claramente positivo: non constan falecidos. Nesta comunidade os médicos de atención primaria convocan catro días de folga, entre o 13 e o 16 deste mes.

No País Vasco, os sindicatos sanitarios tamén protestaron hoxe e din que o sector "está na UCI". O Goberno de Euskadi comunicaba esta tarde 442 novos casos, con tendencia á estabilización. En Navarra baixan os positivos, despois da alarma xerada nos últimos días pero algunhas localidades, como Calahorra, Arnedo e esta, San Adrián, viven nun confinamento drástico. Aquí detéctase disparidade de criterio entre os veciños. Mentres uns consideran que "é doado cumprir" coas indicacións, non falta quen non entende as medidas restritivas.

En Catela e León hai 1.120 novos casos, 6 falecidos e un aumennto significativo nos gromos do virus: trece máis ca onte.

Noticias web

03/10/2020