Aumentan os casos no Salnés e o malestar dos hostaleiros
Quedar sen o ocio nocturno e co interior dos locais pechados son dúas das consecuencias de estar no nivel alto de restricións, como ocorre en Vilanova de Arousa, que ten unha incidencia aucmulada de 563 positivos por cen mil habitantes.
Con todo, desta volta conseguiron que as terrazas no canto de estaren á metade da súa capacidade poidan estar ao cen por cento. Esa medida axuda a aliviar as restricións que trae este segundo verán pandémico.
Esta quinta vaga deixa hoxe unha incidencia de 553 positivos por cen mil habitantes en Vilagarcía, 629 na Illa e 931 en Cambados. Neste concello hai un profundo malestar entre os hostaleiros polo feito de que Sanxenxo os supere a todos eles en positivos, cunha incidencia acumulada de 1.262 casos por cen mil habitantes, pero que, con todo, permaneza no nivel de restricións medio.
O martes reunirase o comité clínico e revisará a situación de cada concello.