CRTVG

Buscar

Aumentan os casos de persoas afectadas pola febre do Nilo

Publicado o 17/08/2020 16:15

En Sevilla son xa trinta e unha as persoas que poderían estar afectadas pola febre do Nilo, unha doenza que contaxian os mosquitos, que en ocasións é moi grave. Destes casos, 25 tiveron que ingresar no hospital e, deles, nove están en coidados intensivos.

En só 24 horas houbo sete novos ingresos por meningoencefalite vírica, a doenza que provocan estas picadas de mosquitos. A Junta de Andalucía intensificou a fumigación das zonas afectadas, que se concentran na contorna da capital sevillana.

Noticias web

17/08/2020