CRTVG

Buscar

Aumentan os casos de covid-19 nos concellos de Santiago, Ourense e Ferrol

Publicado o 14/12/2020 14:59

A capital de Galicia volve rexistrar un incremento de positivos pola covid-19. Hoxe o número de novos casos diagnosticados a catorce días situouse en 120; 25 máis ca o venres. Os veciños atribúeno a unha relaxación da cidadanía.

Santiago de Compostela non é a única das grandes cidades de Galicia que experimentaron un incremento do número de casos diagnosticados. En Ourense pasouse de 116 a 143 en apenas tres días.

O concello Ferrol tamén rexistrou un lixeiro ascenso de novos positivos nos últimos días. Os veciños coinciden nas causas. Din que estamos pensando no Ndal en lugar de cumprir coas medidads de prevención para evitar contaxios.

Estes incrementos de casos son preocupantes, sobre todo, tendo en conta que se achegan as vacacións de Nadal, pero hai que sinalar que o aumento das cifras se debe máis a unha baixada do número de altas e non tanto a un aumento dos contaxios.


 

Noticias web

14/12/2020