CRTVG

Buscar

Aumentan os casos de coronavirus en persoas maiores na área sanitaria de Ourense

Publicado o 04/09/2020 13:37

Ao problema do aumento de casos de coronavirus na área sanitaria de Ourense, súmase outra tendencia preocupante para as autoridades sanitarias: o virus comeza a cebarse coas persoas maiores, que son especialmente vulnerables.

Félix Rubial, Xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, explica que está a aumentar o caso en persoas de maior idade, e son as que resultan máis vulnerables, as que acaban por ingresarse e entrar na UCI

O 21% dos positivos desta área sanitaria son maiores de 65 anos. Por iso, din dende a xerencia, as medidas restritivas teñen como obxectivo minimizar o impacto sobre este colectivo. Ademais lembran que moitos gromos se orixinan en encontros familiares. Por iso inciden na importancia da responsabilidade individual.

"Hai que extremar as medidas, non so nas relacións sociais fóra do domicilio, senón tamén no ámbito familiar", explica Rubial. 


Os últimos gromos detectáronse na cidade de Ourense, con 16 positivos, e en Barbadás, con 4. A área sanitaria suma hoxe un total de 412 casos activos, 26 máis ca onte. 30 persoas están hospitalizadas, e 4 delas permanecen na Unidade de Coidados Intensivos.

Noticias web

04/09/2020