CRTVG

Buscar

Aumentan en Galicia os casos activos de covid, pero diminúe a ocupación hospitalaria

Publicado o 26/10/2021 10:06

• Os contaxios detectados aumentan case o dobre respecto ao día anterior

Aumentan en Galicia os casos activos de covid, pero diminúe a ocupación hospitalaria

Os casos activos van en aumento (+31). En total, hai 450 persoas con coronavirus en Galicia.

En canto aos contaxios, estes tamén soben con respecto ao día anterior (+21). Foron detectados 45 novos casos por probas diagnósticas.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 74 (+4)

A Coruña: 134 (+4)

Pontevedra: 53 (+2)

Santiago: 74 (+5)

Ourense: 51 (+9)

Lugo: 35 (+2)

Ferrol: 29 (+5)

En canto á ocupación hospitalaria, descenden as persoas ingresadas na UCI (-1) e en planta (-1), quedando só 23 persoas ingresadas, 6 en coidados intensivos e 17 en planta. Con todo, o Sergas notificou un deceso por mor da covid, elevando a cifra a 2.650 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos