CRTVG

Buscar

Aumentan os casos activos (+72) e os novos positivos seguen por riba dos 120

Publicado o 29/06/2021 14:39

• Soben os casos en todas as áreas, especialmente na de Vigo (+37)

Morre un home de 47 anos por coronavirus no CHUAC

Máis de 300 casos nunha semana. A situación epidemiolóxica en Galicia continúa empeorando pouco a pouco nos últimos días con aumentos dos casos activos e dos novos positivos. Segundo o Sergas, hai 1.579 persoas con covid−19 no país, 72 máis ca onte, tras 122 novos positivos.

Por áreas sanitarias a repartición é:

• A Coruña: 499 (+8)

• Vigo: 256 (+37)

• Ourense: 170 (+5)

• Santiago: 153 (+5)

• Lugo: 193 (+4)

• Pontevedra: 238 (+12)

• Ferrol: 70 (+1)

Estabilidade nos hospitais

A situación da presión asistencial non varía moito respecto a onte. Permanecen ingresadas 52 persoas: 40 en planta (+2) e 12 nas UCI (-2). Son dez persoas máis hospitalizadas en planta que hai catro días, cando acadamos o mínimo de 30.

Na xornada de hoxe non houbo que lamentar falecidos. A morte dun home de 47 anos onte por mor do coronavirus eleva o número de vítimas a 2.436 en Galicia.

Positividade preto do 5 %

Das 2.737 probas PCR realizadas, deron positivo 122, e iso apunta unha taxa de positividade do 4,46 %, moi próxima ao limiar máximo recomendado pola OMS do 5 % para dar por controlada a pandemia.

Mapas de incidencia por concellos