CRTVG

Buscar

Aumentan os casos activos e os novos contaxios (+346), coa área de Vigo á cabeza

Publicado o 16/10/2020 12:03

• A área sanitaria de Pontevedra é a que máis reduce os seus casos activos (-18), malia rexistrar 3 contaxios novos

• A área de Vigo sobe en 58 o número de casos activos, ata os 592 | Ourense supera a barreira dos 1.600

Aumentan os casos activos e os novos contaxios (+346), coa área de Vigo á cabeza

Increméntanse os casos activos en Galicia ata acadar os 4.680, son 111 máis ca onte. Os novos contaxios tamen soben, son 346 máis. A área sanitaria máis afectada é a de Vigo, con 58 casos activos máis, en cifras de mediados de maio.

Consulta os niveis de alerta por concellos aquí.

Por áreas sanitarias, a repartición quedaría así:

• Ourense: 1.601 (+9)

• A Coruña: 784 (+14)

• Santiago: 660 (+21)

• Vigo: 592 (+58)

• Lugo: 475 (+8)

• Pontevedra: 401 (-18)

• Ferrol: 167 (+19)

Volven facerse máis PCR e aumenta a positividade

Ao longo da última semana, Sanidade viña realizando menos probas PCR. O volume de PCR foi incrementándose en termos xerais ao longo dos últimos meses, cunha recente caída no ritmo.

Hoxe soben as PCR respecto aos días pasados ata as 6.629. Por facernos unha idea, é case o dobre que as notificadas o pasado martes 13 de outubro (3.383), posiblemente relacionado coa ponte do luns 12.

A positividade aumenta respecto a onte minimamente (0,72 puntos) e queda, de momento, nunha media de 5,22%; con poucas desviacións por áreas sanitarias. A que ten a maior positividade é Ferrol, cun 6,40%, e a que menos é A Coruña, cun 4,21%.

Contraste entre casos e contaxios

É importante a diferenza entre os casos activos e os novos contaxios, contabilizados a través de positivos por PCR. Malia que Ourense sobe só 9 casos activos, é a área sanitaria en que máis positivos se rexistraron onte, 81. Tamén é na que máis probas se fixeron. A súa positividade é de 5,88%.

Nos concellos con restricións da área sanitaria de Ourense, para aumentar a capacidade de detección de casos, faranse tests rápidos en farmacias, segundo anunciou o conselleiro de Sanidade.

Nun xeito parecido acontece coa área sanitaria de Pontevedra, que reduciu o seu númer de caso activos en 18, mais incrementou os seus positivos en PCR en 31. A positividade das PCR é de 5,73%.

Algo semellante acontece con Lugo, que sobe oito casos activos pero rexistra trinta contaxios en PCR, cunha positividade de 4,96%.

A clave está no balance coas altas. Outro caso distinto é o das áreas de Ferrol ou o de Vigo, onde ambas rexistran aumentos iguais ou semellantes de casos respecto aos positivos en PCR.

Hospitalizacións e UCI

Nas camas UCI están 41 persoas, nivel semenllante aos que houbo a comezos de maio, na baixada de casos críticos que houbo na comunidade.

No que respecta ás hospitalizacións en planta, estas seguen en aumento. Hai 231, oito máis ca onte. É a cifra máis alta dende o 5 de maio.

Con todo, a presión hospitalaria aínda non é tan preocupante coma noutras comunidades.