Aumentan os casos activos (+84), os novos positivos (+229) e as hospitalizacións
• 229 novos casos detectados, a maior cifra do último mes
• A presión asistencial sobe, especialmente en planta
• Só baixan os casos activos na área sanitaria de Lugo

Galicia continúa cunha lixeira pero ininterrompida suba dos casos activos dende hai unha semana. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.523 persoas con covid-19 en Galicia, o que son 84 máis ca onte, o maior aumento dos últimos seis días.
Esta incremento chega tras 229 novos positivos, o dato máis elevado do último mes e pouco (o 13 de marzo rexistráronse 277).
ÚLTIMA HORA | Aumentan os casos activos (+84), os novos positivos (+229) e as hospitalizacións (+13). Preme para máis información https://t.co/GwDjiucGRm pic.twitter.com/l0lK1VVDYC
— G24 (@G24Noticias) April 16, 2021
Por áreas sanitarias, os casos repartiríanse así:
A Coruña: 608 (+6)
Vigo: 642 (+17)
Ourense: 217 (+12)
Santiago: 379 (+16)
Lugo: 173 (-3)
Pontevedra: 407 (+32)
Ferrol: 97 (+4)
Repunta a presión asistencial
O número total de persoas ingresadas amuenta en Galicia: hai 195 persoas hospitalizadas, das cales 169 están en planta (+12) e 26 nas UCI (+1).
Un dato positivo é que Galicia onte non rexistrou ningún novo falecemento por mor do coronavirus. A cifra total de vítimas mantense en 2.371 persoas.
Positividade por debaixo do 5 %
A positividade mantense por debaixo do 5 % outra xornada máis. Das 7.145 probas PCR realizadas (+477), deron positivo 199, o que revela unha taxa de positividade do 2,79 %.