CRTVG

Buscar

Aumentan os atropelos a animais salvaxes no centro de Vigo

Publicado o 06/02/2020 14:43

Un raposo morreu atropelado na avenida Arquitecto Palacios de Vigo a pasada noite. Segundo a Policía Local, cada vez é máis frecuente o avistamento deste tipo de animais, incluso en zonas moi céntricas da cidade como a rúa García Barbón.

Dende verán están rexistrados máis de dez atestados por incidencias con raposos. Case sempre se trata de atropelos, pero nalgúns casos apareceron con vida e foron entregados no centro de recuperación da fauna salvaxe.

O máis preocupante para a policía son os accidentes que pode ocasionar a súa presenza na calzada, de xeito especial en horario nocturno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2020