Aumentan lixeiramente os casos activos (+21) e os contaxios diarios seguen a superar o milleiro
• Descenden as hospitalizacións en planta (-7), pero soben as persoas en coidados intensivos (+6)
• Soben os casos activos na área sanitaria da Coruña (+153) e na de Ferrol (+43)

Os casos activos por coronavirus aumentan lixeiramente (+21) na xornada de hoxe e suman un total de 18.643. Sanidade Pública notificou na xornada de onte dous novos falecementos.
Das PCR realizadas, 1.103 deron positivo en Galicia, aumentando en 29 probas positivas con respecto á xornada anterior. A área sanitaria da Coruña é a que agrupa máis PCR positivas (295), mentres que a área de Vigo descende notablemente con respecto a onte (227).
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 4.623 (-23)
A Coruña: 4.297 (+153)
Pontevedra: 2.662 (-41)
Santiago: 2.214 (-2)
Ourense: 1.596 (-68)
Lugo: 2.171 (-41)
Ferrol: 1.080 (+43)
Por outra banda, diminúe o número de persoas hospitalizadas en planta (-7), deixando un total de 250, mais aumentan as persoas en UCI (+6), alcanzando as 52.
Na xornada anterior, Sanidade notificou dous decesos vencellados á covid. Dende o inicio da pandemia morreron 2.481 persoas en Galicia.