CRTVG

Buscar

Aumentan en Galicia as declaracións da renda con resultado a pagar

Publicado o 21/06/2021 20:07

A poucos días para que remate a campaña do IRPF confírmanse as previsións da Axencia Tributaria que agoiraban un aumento do 2,1% das declaracións presentadas este ano en relación ao exercicio anterior.

A falta de coñecer o balance definitivo desta campaña, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia adianta que aumentou o número de galegos aos que este ano lles toca pagar.

A campaña remata o vindeiro día 30, pero o prazo para presentar declaracións a ingresar con domiciliación bancaria conclúe este venres. En caso de facer uso da atención telefónica ou acudir ás oficinas da Axencia Tributaria o último día para solicitar cita será o martes 29.

Noticias web

21/06/2021