Aumentan en 1 millón os metros cadrados para a Plisan
Publicado o 21/06/2021 21:13
A Xunta inclúe 1 millón de metros cadrados da Plisan na modificación do plan de áreas empresariais de Galicia.
Así o comunicou a conselleira de Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, tras a reunión da comisión de seguimento da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves.
A medida foi ratificada polos tres socios que integran a Plisan co obxectivo de aumentar a oferta de solo empresarial no sur de Galicia e facilitar así a implantación de firmas que demandan importantes bolsas de terreo.