CRTVG

Buscar

Aumentan as vítimas do terremoto que afectou as costas de Turquía e Grecia

Publicado o 31/10/2020 21:39

O terremoto que sacudiu onte as costas do mar Exeo suma ata agora 39 mortos, 37 deles na cidade turca de Esmirna e dous na illa grega de Samos. En Esmirna, onde caeron unha vintena de edificios, seguen buscando desaparecidos baixo os cascallos, poderían ser arredor de cen. O sismo, que causou un pequeno tsunami, deixou tamén preto de 900 feridos.
 

Noticias web

31/10/2020